15.5.07

A CIG arrasa nas eleccións de Lugo

A CIG amosouse tan rexa coma as murallas

A CIG obtivo 12 de 18 representanes en xogo nas eleccións para o Comité Provincial de Caixa Galicia en Lugo, e na repetición das eleccións para o Comité da Oficina Principal, procesos celebrados conxuntamente o día 15.

A mediodía coñeceuse xa o resultado co Comité da Oficina Principal, despois de que tivera que repetirse o proceso electoral celebrado o 24 de xaneiro debido a unha impugnación das outras centrais sindicais.

Nesta repetición das eleccións, a CIG volveu ser a única central sindical capaz de presentar candidatura, acadando os 5 postos en xogo con 36 votos de 42 emitidos (5 brancos e 1 nulo). Finalmente, a impugnación do resto dos sindicatos non impediu que os traballadores e traballadoras da Oficina Principal de Lugo conten cun comité de empresa propio tal e como era o seu desexo.

Polo que respecta ao Comité Provincial de Lugo no que se escollían 13 representantes, a CIG foi a forza máis votada con 168 votos e 7 representantes; CCOO acadou 54 votos e 2 representantes, UGT 41 votos e 2 representantes e CSICA 48 votos e 2 representantes. O total de votos emitidos foron 322, dos que houbo 10 en branco e 1 nulo.

A CIG, malia afrontar un sempre dificil proceso de renovación da candidatura, rachou o seu teito electoral con 9 votos máis que no anterior proceso electoral de hai catro anos e incrementou nun 50% a súa representatividade en Caixa Galicia en Lugo, mentres CCOO, o outro sindicato maioritario na Caixa, baixou un 13% en apoio popular.

Para a Federación de Banca e Aforro, os traballadores e traballadoras referendaron, con estes resultados, a acción sindical que está a desenvolver a Sección Sindical da CIG en Caixa Galicia.

As persoas que integraron as candidaturas da CIG en Caixa Galicia Lugo e o sindicato en xeral, queren agradecer aos seus compañeiros e compañeiras a súa confianza e apoio.


2 comentários:

Anónimo disse...

ESE LUGO, ESE LUGO E, E, ESE LUGO, ESE LUGO E, E...
NORABOA MEUS, MOI BON TRABALLO

Anónimo disse...

Noraboa compañeiros e compañeiras, polo que vin neste tempo tivesteis uns resultados que os merecedes, aínda deberiades de sacar máis votos.

Seguide así.