Todas persoas que temos fillos/as sabemos que cando se propoñen facer unha trasnada procuran agocharse para que non nos decatemos. Esta é unha conduta inherente ao ser humano: cando decide incumprir as normas, entra en xogo a picaresca tratando de non ser descuberto para evitar o castigo.
A convocatoria de reunións comerciais fóra da xornada laboral pactada vulnera os acordos nesta materia, pero, ademais, estaban sendo utilizadas de xeito abusivo por parte da empresa como instrumento de presión comercial.
Ante esta situación os delegados e delegadas da CIG optamos por presentar denuncias na Inspección de Traballo e estar presentes ante cada unha das reunións. A raíz das denuncias da CIG a Inspección de Traballo de Ourense abriu unha acta de infracción a Caixa Galicia.
Agora a empresa pretende seguir con estas malas prácticas empresariais e, coñecedora de que está incumprindo a norma, actúa como os nenos pequenos ou como os delincuentes: ás agochadas para evitar o “castigo”.
O pasado mércores a Caixa convocou unha nova reunión de Directores/as en Ourense para presionar coa venda de televisores. Esta reunión non foi convocada por escrito como en anteriores ocasións, e foi confirmada telefonicamente a última hora. Actúan ás agochadas pare evitar a denuncia na Inspección de Traballo e unha nova acta de infracción.
Pero se equivocan, xa temos requirido de RRHH o listado das persoas que participaron na reunión e as compensación polas horas extras de asistencia á mesma. Se non contestan meteremos unha nova denuncia.
En materia de xornada seremos máis inflexibles que nunca. A Caixa está incumprindo a lexislación en materia de horarios: xa non o dicimos nós, agora tamén o di a autoridade laboral.

1 comentário:
XA O DICIA O TITULO DUNHA FAMOSA PELICULA. "ESTA CASA ES UNA RUINA"
Enviar um comentário