9.4.07

Abertos ata o mencer

Novamente coñecemos a través da prensa que malia negativa sindical a autorizar a apertura de oficinas polo serán, a Empresa continua coa súa particular teima de abrir oficinas con xornadas fora de Convenio.
.
Segundo publica o diario “Cinco Días” na súa edición do luns 9 de abril, Caixa Galicia planea inaugurar 40 oficinas de “pemes”, con servizo e atención "adecuada ás necesidades e horarios das empresas", o que inclúe a apertura destas sucursais pola serán e a incorporación de 200 xestores.

O longo dos últimos meses e ante a negativa sindical a autorizar a apertura de oficinas todos os días ata as 10 da noite, a empresa esta asinando con distintos traballadores e traballadoras contratos individuais con cláusulas que inclúen esta xornada fora de Convenio. Deste xeito a empresa pretende bordear a lei, vulnerando o dereito á negociación colectiva.

1 comentário:

Anónimo disse...

E eu pregúntome. ¿Salirá agora a "Empresa" con que como non entramos polo ollete co da xornada, aparcan o resto das negociacións?. Que por certo tiña que estar mais que asinado e requeteasinado.