6.3.07

A Dirección prohibe a responsables de recursos humanos que falen cos sindicatos.

Caixa Galicia está nomeando Responsables de Recursos Humanos en cada Territorial, non están claras as funcións que terán a que si está clara é a prohibición de falar coa representación sindical.

Cando unha persoa é nomeada “Xestor de Recursos Humanos en Rede” a primeira instrución que reciben no seu novo posto é clara: teñen prohibido falar coa representación sindical ou co Comité de Empresa.

Os novos “Xestores de Recursos Humanos na Rede” dependen directamente do departamento denominado “Area Directivos”, departamento que ten dende fai un ano a maior parte das competencias en materia de recursos humanos e que funciona de xeito estanco: non negocia, dialoga nin fala coa representación legal dos traballadores e traballadoras.

Precisamente a maior parte dos novos postos de traballo creados tanto na rede comercial como en Servizos Centrais teñen unha retribución e unha xornada pactada individualmente que son descoñecidas para a representación sindical. O mesmo sucede coas persoas que están sendo nomeadas para a expansión incumprindo acordos anteriores coa representación sindical.

Resulta chamativo que ningún dos novos responsables de RRHH nas Territoriais teñan formación nin coñecemento en materia de dereito laboral ou de xestión de recursos humanos, “responden exclusivamente a un perfil comercial” aclaran dende a CIG.

1 comentário:

Anónimo disse...

A mín me importa un pito estes nomeamentos. Sei perfectamente onde queda a Inspección de Traballo. No mesmo sitio que antes.
Que nomeen a un pobres diaños que non saben onde se meten é problema deles.