21.2.07

Curiosidade: A bandeira da Galiza Sueva

O Reino galaico dos Suevos, durante o medievo, foi sen dubida un dos momentos mais importantes da historia de Galiza. Naquela epoca histórica constituíronse as bases das actuais nazóns europeas, entre elas da nazón galega. Durante aqueles tempos o blasón dos reises galegos era un dragón verde enfrontado cun león rampante bermello sobre un fondo de Ouro.

A bandeira galega actual nasce froito do descoñecemento sobre o seu pasado ao que estivo e esta sometido o pobo galego. A bandeira actual ten como orixe a bandeira da capitanía da Coruña, deste porto saiu a maior parte da emigración cara America. Foi así que para moitos galegos e galegas na emigración a bandeira da capitanía da Coruña, era a bandeira galega.

A bandeira arriba exposta é unha reprodución da bandeira do Reino Suevo de Galiza, tendo en conta a simboloxía heráldica.

3 comentários:

Anónimo disse...

que alguén mo explique, porque non entendo un suevo.

Anónimo disse...

Quero manifestar o meu apoio os nosos dous secretarios (é un luxo ter dous), que nos manteñen xuntos no bo camiño contra o abuso e o acoso opresivo.
CHEMA, CLODO sabemos que estades agotados, pero sentirnos ó voso carón. Ánimo (un pouquiño de descanso) e forza Compañeiros.

Anónimo disse...

Góstame o novo deseño, mais claridade, luminosidade, alegría, etc.
Tamén é mais doado de atopar tempos pasados.

Bon traballo, karallo!!!!!!!!