16.2.07

A CIG dá o pistoletazo de saída para a negociación dos Convenios de Caixas e Banca







O día 15 de febreiro tivo lugar en Compostela unha Asemblea nacional de delegados e delegadas da CIG en Bancos e Caixas de Aforros co fin de debater as respectivas Plataformas para presentar nas Mesas de negociación dos Convenios. A Asemblea ratificou a total oposición da CIG á apertura das oficinas polo serán.


A CIG é a primeira forza sindical no sector financeiro e reclamou que se respecten os resultados das pasadas eleccións sindicais e se constitúan Mesas de negociación a nivel galego.


Os delegados e delegadas rexeitaron a aplicación do Acordo Estatal de Negociación Colectiva nos convenios do sector e apostan por unha recuperación real do poder adquisitivo e pola eliminación das categorías ou niveis salariais máis baixos. Incidiron tamén nas medidas tendentes a limitar a temporalidade.


Un punto novidoso foi a introdución de medidas tendentes a regular as cargas de traballo e criterios medibles para asignar persoal ás oficinas.


Outro dos temas que centrou gran parte da Asemblea foi a xornada, neste punto a Asemblea ratificou a súa total oposicion a apertura de oficinas todos os días polo serán, tal e como propuxeron varios Directivos de Bancos e Caixas.


Posteriormente os delegados e delegadas baixo o lema “Convenio galego XA, eiqui traballamos, eiqui negociamos”, desprazáronse ata as Oficinas principais de varias entidades para realizar asembleas informativas ao persoal destes centros de traballo sobre as medidas aprobadas e para solicitar o apoio dos traballadores e traballadoras nas mobilizacións que a CIG poña en marcha ao longo dos vindeiros meses vinculadas ás negociacións dos Convenios.

1 comentário:

Anónimo disse...

Os dous da foto de abaixo como sindicalistas un 10 pero como feos: feiiiiiiiiiiiiiisimosss!!