4.1.07

Os prezos subiron un 60% dende a entrada do euro

Tal é como sabiamos todos os prezos subiron moitos mais que o IPC dende a entrada en vigor do euro, agora estudos realizados por varias organizacións dos consumidores veñen de demostrar que somos mais pobres que no ano 2001.

Os sectores da alimentación, hostalería a vivenda e os servizos públicos son os que experimentaron subidas mais fortes, precisamente aqueles aos que dedican a maior parte da renda os traballadores e traballadoras. Sen ir mais lonxe encher o carro da compra é un 88,50% mais caro. A suba do prezo dos artigos de luxo foi moito menor.

Moitos traballadores e traballadoras pensan que actualizando os seus salarios co IPC teñen garantido o poder adquisitivo, nada mais lonxe da realidade. O IPC calculase de xeito opaco, só o goberno coñece e decide que produtos e servizos forman parte da cesta sobre a que se calcula este indicador. A vivenda, un dos artigos que mais suben, non figura.

Pero os hábitos de consumo tamén están relacionados co nivel de renda, as rendas mais baixas dedican unha maior porcentaxe aos produtos básicos, precisamente os que máis soben.
Os traballadores e traballadoras das Caixas pensamos que temos garantido o mantemento de poder adquisitivo coa suba de IPC, nada mais lonxe da realidade. As Caixas son cada día mais ricas, nos somos mais pobres, nomeadamente o persoal cos niveis salariais mais baixos.

1 comentário:

Anónimo disse...

pobriño Mendez e familia que tamen lles costa chegar a fin de mes, coma a min