23.11.06

A CIG gaña de novo as eleccións na Caixa Galicia

Cabezas de lista da CIG e o Secretario da Sección Sindical

O pasado día 22 de novembro celebráronse eleccións na Caixa Galicia na Coruña, os traballadores e traballadoras elixiron 55 delegados/as repartidos en 5 Comités de Empresa. Mil trescentas persoas depositaron o seu voto nunhas eleccións marcadas pola ampla participación. Unha vez mais o persoal ven de depositar a súa confianza nas listas presentadas pola CIG que ven de renovar a súa maioría.

O resultado ven a fortalecer a posición sindical da CIG na Caixa Galicia en pleno conflito laboral coa Dirección da Empresa ante o novo modelo organizativo que está a implantar dende o ano 2005.

TOTAL ELECCIÓNS CAIXA GALICIA NA CORUÑA 22 NOVEMBRO 2006

Sindicato..... Delegados/as...... Representatividade


CIG ....................25......................... 45,45%
CCOO .................22......................... 40,00%
CSICA ..................8......................... 14,54%
UGT .....................0........................... 0

O resto dos Comités de Empresa de Galiza xa teñen celebrado anteriormente as súas eleccións, con este novo resultado a representación na Galiza queda como segue:

Total delegados/as Caixa Galicia no país a día de hoxe:

Sindicato............Delegados/as...........Representatividade
CIG......................... 45................................. 45,91%
CCOO...................... 38................................. 38,77%
CSICA..................... 11................................. 11,22%
UGT.......................... 4................................... 4,08%

A CIG quere agradecer a todos e todas a participación e nomeadamente a aquelas persoas que votaron as nosas candidaturas.


En breve recibiredes novas comunicacións sobre as actuacións que temos en marcha ante a situación laboral e a presión da empresa.

3 comentários:

Anónimo disse...

ELAS ESTAN PRA MOLLAR O BOLETE

Aitana Castaño disse...

Camaradas, nun sabéis lo que se alegra una, en esta parte del Puente de los Santos, de la vuesa victoria. Caro que tá fácil de ganar porque con esa representatividad que vos gastáis.¡Viva CIG y MariMosqui!

Anónimo disse...

Unha morena e unha loira, fillas do sindi da CIG, se desviven por vernos contentos, esperando que cheque o momento, pra os de persoal poder mazar.....(musiquiña de zarzuela)
Noraboa polos resultados a todas e todos.