31.10.06

Caixa Galicia engana por segunda vez aos temporais


¿Lembrades os traballadores e traballadoras de reforzo do verano que foron enganados pola Caixa para que vendesen 10 cámaras de vídeo si querían ver renovados os seus contratos?. Como todos sabiamos a maior parte están no paro pero como na Caixa rexe a famosa lei laboral de Murphy, agora están sendo enganados por segunda vez.

Para poñer a empresa ao pairo das posibles actuación da Inspección de Traballo están ofrecéndolles un novo contrato de traballo con incorporación inmediata, pero en Cataluña.

A Caixa sabe que o pobo catalán está orgulloso da súa lingua, que a usa a cotío e a protexe con leis que garanten o seu uso, así está establecido por lei o dereito da clientela a ser atendida en catalán e polo tanto o deber da Caixa de atender en catalán nas nosas oficinas.

Caixa Galicia oferta postos de traballo en Cataluña a quen non ten coñecementos de catalán, nunha viaxe que polo tanto será de ida e volta. Pero iso si, a Dirección poderán dicir ante a Inspección de Traballo que estes compañeiros e compañeiras non quixeron traballar na Caixa Galicia ou que non se adaptaron.

Quede claro que os que vaian terán un problema, que non provocan os cataláns falantes nin as súas institucións, o provoca conscientemente a Dirección da Caixa Galicia, en concreto a “Area de Directivos”.
Podes ver a nova anterior nos artigos de Setembro.

2 comentários:

Anónimo disse...

osti tu. no parlá catalá est una putat.

Anónimo disse...

El mundo no está en peligro por las malas personas sino por aquellas que permiten la maldad.
Albert Einstein (1879-1955) Científico estadounidense de origen alemán.