17.10.06

Area Directivos: Un mundo aparte.


Os traballadores e traballadoras da Caixa Galicia temos ben identificados aos responsables da desfeita pero non a todos, algúns, os que toman as decisións, permanecen na sombra. Entre eles está María Camino que dirixe a Area de Directivos

A principios deste ano a empresa aprobou dividir o departamento de RRHH en dúas areas, creando a “Area de Directivos”, con María Camino a fronte.

Ese Departamento traballa directamente con Dirección Comercial para deseñar a nova política laboral da Caixa Galicia pero é un departamento pechado para os sindicatos, non negocia nin se senta coa representación legal, son especialistas en tomar medidas unilateralmente.

Non é raro que podamos ler na prensa económica entrevistas nas que destacan que un dos proxectos estrela elaborado pola “Area de Directivos” xunto coa Dirección Comercial ten como obxectivo establecer un sistema comercial en cascada. Que cada cal presione ao que ten debaixo.

Moi na súa liña, nos últimos días varios traballadores/as fixos tiveron entrevistas con persoal do citado Departamento, na entrevista entraron a saco en cuestións persoais e intimas dos traballadores/as, incluído sobre o seu futuro afectivo. A familia e as nosas relacións persoais supoñen un atranco para a empresa.

Así entende a conciliación da vida laboral e familiar a Caixa de Aforros de Galicia.

3 comentários:

Anónimo disse...

¡¡¡Eu pregúntome!! Cando entrevistaron a esta señorita para contratala, ¿lle preguntaron polas suas relacións persoais?¿Lle preguntaron pola vida PRIVADA?.

Como che troca o conto canto te acarician o lombo (contáballe un gato a un cabalo)

Anónimo disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
Anónimo disse...

Servid cien veces, negaos una, y nadie se acordará más que de vuestra negativa.
Cayo Plinio El joven Escritor romano.