18.10.06

Mais de 300 persoas teñen asistido até hoxe as Asembleas

Foto: Excursión asemblea Caixas Aforros ano 1933
.
As Asembleas convocadas pola CIG, ante a situación laboral e a progresiva bancarización da Caixa, están tendo un éxito sen precedentes. Pendentes de celebrar as Asembleas de Ferrol e a Coruña, mais de 300 persoas teñen participado ata hoxe nestes actos reivindicativos.

O malestar do cadro de persoal da Caixa Galicia ante a explotación sen límites a que esta sometido ten quedado en evidencia coa masiva participación nas Asembleas celebradas ata o de agora nas distintas cidades galegas. Aínda quedan por celebrar reunións nas vilas así como nas cidades de Ferrol e A Coruña, sendo esta última na que traballa o maior número de persoas. A participación é moi elevada para o sector financeiro, e moito mais se temos en conta a grande dispersión dos centros de traballo, case 500 en toda Galiza, a maior parte con menos de 3 traballadores.

As Asembleas avalíanse polo tanto como moi positivas cuantitativa e cualitativamente, xa que o persoal foi moi activo en todas elas aportando numerosas ideas para enfrontar o proceso de bancarización que leva adiante a actual Dirección.

Ata que non rematen todas as xuntanzas previstas, non se farán públicas nin as reivindicacións nin as medidas de presión que o cadro de persoal da primeira Entidade Financeira Galega ten previsto emprender, tanto na defensa das condicións laborais como do caracter social da Caixa de Aforros de Galicia.

2 comentários:

iago mendez disse...

Menos leria e mais caña COÑO. Temos que rebentarlles a cachucha

JM Fdez Fdez - DT Pontevedra disse...

El diálogo, basado en sólidas leyes morales, facilita la solución de los conflictos y favorece el respeto de la vida, de toda vida humana. Por ello, el recurso a las armas para dirimir las controversias representa siempre una derrota de la razón y de la humanidad.
Juan Pablo II (1920-2005) Papa de la iglesia católica.