20.9.06

Julio Rivero Gomez


Para os traballadores e traballadoras da Caixa Galicia Julio Rivero Gomez é a cara visible da presión e o acoso laboral ao que están sometidos. Para a maior parte do persoal falar de Rivero é falar do responsable último do que sucede hoxe na Caixa Galicia.

Julio Rivero Gomez é o actual Director da División Galicia da Caixa de Aforros de Galicia e polo tanto é o responsable da nova política comercial da empresa para o noso país. É pois un dos homes con maior poder dentro da equipa directiva liderada por Jose Luis Méndez.

Profesional formado na Banca, foi fichado pola Caixa Galicia para o posto de Director Territorial para a Coruña despois dun paso fugaz por Caixa Ourense. Os Directores de esta última empresa aínda lembran a súa marcha con alivio.

A súa formación no SCH notase, dende o seu nomeamento como Director da División Galicia a Caixa de Aforros ten derivado cara a unha bancarización sen precedentes, todo vale co fin de conseguir beneficios.

Para implantar este proceso de bancarización ten impulsado a fichaxe de persoal procedente da Banca para altos postos directivos, nomeadamente doutras empresas do Grupo SCH como é o BANESTO. Caixa Galicia é líder no mercado financeiro galego, pero poucas das persoas que están a fronte da area comercial proceden da Entidade.

Cada vez que envía un correo electrónico ao persoal ou que convoca reunións de traballo (habitualmente fora da xornada laboral) os teléfonos do sindicato arden o día seguinte coas queixas do persoal. Este feito faino merecedor de aparecer hoxe neste blog encabezando o ranking dos xefes non gratos para o persoal da Caixa.

1 comentário:

Anónimo disse...

A cada marrao lle chega o seu san martiño...