19.9.06

Caixa Galicia estafa ao persoal temporal


Si queres un novo contrato temporal paga 9.000 euros, ese é o modelo de contratación da Caixa Galicia, a realidade é que aínda que cumpran os obxectivos impostos pola empresa a maioría quedará na rúa. Mais de 120 contratados temporais como reforzo durante o verán enfróntanse hoxe a esta estafa laboral.

Caixa Galicia contratou temporalmente a mais de 120 persoas en toda Galiza para cubrir as vacacións do persoal fixo, a maior parte dos contratos vence a final do mes de Setembro. O longo dos últimos días a empresa estalles comunicando por escrito que si queren ver renovado os seus contratos deberán vender 10 cámaras de vídeo antes de fin de mes. Cada cámara de vídeo ten un valor de 900 euros en total a suposta renovación valería 9.000 euros.

Nalgún caso os contratos vencían a mediados deste mes e a empresa esixiulles o día do remate dos contratos que vendesen 3 cámaras (recomendándolles que podían venderllas aos seus familiares mais próximos, agás aos pais). O persoal que conseguiu estas vendas de case 3.000 euros viu o seu contrato renovado por 12 días ata final de mes. Doce días nos que deberan vender 10 cámaras de vídeo. A Caixa de Aforros de Galicia estase a aproveitando da precariedade laboral e da temporalidade para obter un enriquecemento ilícito. Si este feito é totalmente rexeitable en calquera empresa, o é moito mais cando falamos dunha empresa social, dunha Caixa de Aforros.

Pero o que en principio podería ser considerado un abuso é unha estafa laboral, a Dirección de RRHH ten anunciado á representación sindical que unha vez rematado o período de vacacións da maior parte do persoal fixo, a continuidade do persoal de reforzo non é necesaria.

Ante a gravidade destes feitos a CIG presentou denuncia ante a Inspección de Traballo, estando agora a espera da correspondente investigación por parte deste organismo. E ten anunciado que retomará as mobilizacións contra a agresiva política laboral que está implantando a Caixa.

1 comentário:

Anónimo disse...

E despois chamamos tiranos ó Hussein, Milosewic,etc.

¿E isto como se chama?
Rivero´s coacción.

Mecagoenlaputaquelosparióqueteníaquehaberloscagadoytiradoalabasura.