O pasado día 11 de novembro as Caixas remitiron ao Ministerio de Traballo o inicio do período de consultas que a lexislación ordena en caso de Expedentes de Regulación de Emprego.
Onte presentamos impugnación diante da Dirección Xeral do Ministerio de Traballo, solicitando que ordene a ambas entidades retrotaerse ao inicio do proceso facilitanto á representación sindical a documentación pertinente e procedan a abrir o período de consultas explicando á respresentación sindical todo o referido ás causas do ERE e permitindo que a representación legal dos traballadores/as poda solicitar mais información ou que se aclaren as dúbidas que podan existir.
Así mesmo dirixímonos tamén á Consellería de Traballo, entendemos que malia a tramitación en Madrid, debería realizar un informe preceptivo. Tamén presentamos denuncia na Inspección de Traballo e solicitamos a mediación da mesma durante a negociación do ERE e das modificacións sustanciais das condicións de traballo.
O periodo de consultas non é un mero trámite, debemos negociar a inclusión de maiores garantías non contempladas no Acordo Laboral, tal e como está respaldando masivamente o persoal avalando de xeito masivo a recollida de sinaturas que estamos realizando dende o pasado martes.

Sem comentários:
Enviar um comentário