Dende o pasado martes, que comezamos cun pequeno sondeo na provincia de Ourense, mais de cincocentos compañeiros e compañeiras colaboraron na recollida de sinaturas que estamos realizando para conseguir maiores garantías, tanto para o persoal que marcha como para o que queda.
Sen distintición de sindicato, da empresa de procedencia, do posto e as funcións, da idade, o respaldo está sendo masivo. Na maior parte das zonas do 100% do persoal.
Estamos recollendo sinaturas por todas as provincias e comarcas, A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Vigo ou Pontevedra, visitando cada centro de traballo, cada oficina, o que é unha dificultade engadida.
Se queres botar unha man, participar ou simplemente asinar o documento, ponte en contacto con nos.
Hai que forzalos a negociar, polo ben de todos e da futura Caixa.
Sem comentários:
Enviar um comentário