15.11.10

Manifestacións contra a reforma das pensións, desaparición complementos salariais, medidas en marcha e asembleas

Día 18: manifestacións contra a reforma das pensións e a reforma laboral

O vindeiro 18 de novembro a CIG convocou manifestacións en todas as cidades galegas contra a reforma das pensións (que tanto preocupa hoxe nas Caixas), contra a reforma laboral, e contra os orzamentos da Xunta de Galicia (que implican duros recortes sociais).

A Unión Europea está implantando medidas antisociais e recortes laborais en todos os estados membros; o español, despois da maior contrarreforma laboral, prepara agora unha reforma do sistema público de pensións pola vía do alongamento da idade de xubilación e un endurecemento dos baremos para o cálculo das prestacións que levará a un recorte nas mesmas. Medidas que afectan aos prexubilables, pero tamén ao resto.

É hora de defender os dereitos sociais e laborais, participa nas manifestacións da CIG.

A Coruña: Praza de Vigo, ás 20 horas.
Santiago de Compostela: Praza Roxa, ás 20 horas.
Ourense: Pavillón dos Remedios, ás 20 horas.
Ferrol: Avenida de Esteiro (local da CIG), ás 20 horas.
Lugo: Ronda da Muralla, 58, ás 20:30 horas.
 Pontevedra: Praza da Ferrería, ás 20 horas.
 Vigo: Vía Norte, ás 20 horas.

Desaparición complementos, posible conflito colectivo CPAR

Estamos á espera de que RRHH de Caixa Galicia nos informe sobre o alcance dos acordos do Consello de Administración que afectan a complementos salariais vixentes nesa empresa. O que algúns celebran con alborozo apuntándose o tanto, non é máis que a decisión da Dirección de que desaparezan determinados complementos salariais. Nalgún caso (no CPAR), tiñamos anunciado nas asembleas de Santiago ou Ribeira que esa era a intención da Caixa, que entendíamos que podía ser irregular e que xa estudamos un posible conflito colectivo. O acordo contempla a desaparición dos complementos funcionais e agrupación do resto.

O CPAR é un complemento de posto de traballo (non un complemento funcional), que non figura como agrupable. Defendemos pois a súa vixencia.

Medidas en marcha, denuncias, solicitude mediación e recollida de sinaturas

Temos presentado denuncia ante a Inspección de Traballo e a Consellería de Traballo, polo que consideramos irregularidades na presentación do ERE, e solicitando a mediación. É a nosa intención tratar de negociar maiores garantías para todo o persoal durante a tramitación do ERE. Se todos os sindicatos dicimos que estamos por maiores garantías, este é o momento de demostralo, negándonos a darlle o visto bo ao ERE da Dirección se non se acepta polas caixas a súa inclusión.

Como respaldo a esta posición dende o pasado martes 9 de novembro estamos recollendo sinaturas polas oficinas para solicitar que as Caixas inclúan maiores garantías non contempladas no acordo.

Asembleas traballadores e traballadoras: o 16 en Ferrol e o 23 na Coruña

Mantense a asemblea de traballadores/as convocada para o día 16 de novembro ás 17:30 horas en Ferrol no local da CIG.

A asemblea da Coruña, debido a que a Dirección convocou a reunión do ERE o mesmo día a mesma hora, cambia de data para o vindeiro día 23 de novembro ás 17:30 horas no Edificio Sindical local (Alfonso Molina s/n) na 8ª planta.

Sem comentários: