Propostas da Plataforma Conxunta que xa foron aceptadas polas Caixas:
• Poderían optar á prexubilación non só as persoas que cumpran 55 anos ata o 31/12/10, senón tamén aquelas que cumpran esa idade durante os anos 2011 e 2012, condicionado á existencia de “ocos”, sen exceder das 1.200 persoas contempladas no Plan de Integración.
• Prazo de acollemento ás Prexubilacións: ampliación dende os 30 días propostos polas Caixas ata os 90 da nosa plataforma.
• Prazo de execución das Prexubilacións: pediamos 6 meses en vez dos 18 propostos; acceden a negociar fórmulas de ordenación das saídas.
• Acceso directo á Xubilación Anticipada: abertos á negociación pendente da súa articulación.
• Persoas con redución de xornada, computaráselles o salario completo a efectos do cálculo para a Prexubilación.
En relación á nosa proposta de porcentaxes de salario para persoal prexubilado, insisten en que calquera mellora sobre a súa proposta inicial está supeditada á aceptación do seu modelo: prexubilación por extinción do contrato, articulado a través dun procedemento administrativo que permita o acceso a axudas públicas. Modelo que, a priori, xera múltiples dúbidas, incerteza e inseguridade xurídica.
Respecto da información solicitada con datos desagregados por provincias dos peches de oficinas, facilitáronnos un cadro incompleto e erróneo; comprometéronse a revisalo e facilitárnolo de novo.
Así mesmo, comprometéronse a que hoxe recibiremos a relación dos conceptos salariais, as súas características e unha proposta de agrupación. Avanzaron a súa disposición a reducir o número de pagos (que non de pagas) a 12-14.
A pesares de que esta representación sindical solicitaba manter o calendario previsto de reunións para o mes de agosto, e debido a que as Caixas afirman non ter desenvolvido o contido para as mesmas, decídese pospoñer ata o 26 de agosto a seguinte reunión, co compromiso de que, ata esa data, nos presentarán unha proposta completa e documentada.
Comunicado conxunto da CIG, CCOO e CSICA.

Sem comentários:
Enviar um comentário