Hoxe na reunión as Caixas facilitaron por primeira vez datos desagregados por provincias en Galiza dos peches de oficinas por solapamento e do persoal "excedente".
Na nosa intervención na mesa fixemos constar o noso malestar por uns datos incompletos e erroneos, xa que caimos na conta de que a suma dos peches por provincia e o persoal excedente por provincias superaba o que eles recoñecian a nivel galego. Así mesmo na Coruña o número de oficinas a pechar por solapamento será entre 65-75, superando o número de oficinas de Caixanova que segundo os nosos datos son 65 e segundo a súa web son 69. Mais ala da diferenza entre uns datos e outros pensamos que estamos ante uns presupostos falsos que pretenden encubrir o verdadeiro impacto laboral tratando de "sedar" aos cadros de persoal.
Ao mesmo tempo as Caixas indicaron que calquera mellora nas porcentaxes de salario que percibirá o persoal prexubilado estan ligadas a aceptación dun ERE. Posibilidade que a priori toda a representación sindical desbotou, suliñando ademais incertezas e inseguridades xurídicas que as Caixa non souberon responder.
Preguntados en que situación quedaría un traballador/a que recibira unha oferta de traballo do INEM, dixeron que con 5.000.000 de parados mal sería que chamasen a algún da Caixa. Sen comentario...
Tampouco facilitaron datos dos conceptos salariais por características e unha proposta da súa agrupación, tal e como quedaron na anterior reunión, indicandonos que o recibiríamos por correo.
A proposta das Caixas a semana que ven non haberá reunión, trasladandose a prevista a principio de Agosto para a última semana, daquela comprometéronse a facilitar novos datos (agardamos que os verdadeiros) e a solicitude da CIG tamén se comprometeron a realizar unha contraproposta completa.
En definitiva nada novo: datos incompletos e erroneos encubrindo o verdadeiro impacto da fusión; insistencia en tramitar a maior parte da saída dos excedentes a través dun ERE e non cumpriron co seu compromiso de presentar unha proposta en materia de conceptos salariais.
Por último, pero sen dúbida o mais importante, dende a CIG e ante a privatización da Caixas de Aforros que impón a nova LORCA (lei estatal de Caixas) pactada polo PSOE e PP en Madrid, que habilita a trasformación das Caixas nun Banco, deixando nas mans dos xestores a decisión, solicitamos unha reunión urxente coa cúpula da nova Caixa co fin de aclarar o futuro da entidade. Queremos saber si o froito da reconversión laboral (termo utilizado polo asesor das empresas) que debemos sufrir será unha Caixa Galega ou un Banco.

Sem comentários:
Enviar um comentário