CIG construcción convocou unha xornada de folga para o día 5 de xullo nas obras do centro cultural de Caixa Galicia en Vigo para protestar polo despedimento do persoal dunha das contratas alegando fin de obra. Ao mesmo tempo foi contratado persoal a través doutra subcontrata.
Estamos ante unha substitución de traballadores galegos por traballadores doutros paises da UE aos que se lle impón condicións laborais mais precarias e longas xornadas laborais. O obxectivo é abaratar custes e rematar o edificio en menos tempo para a súa inaguración no mes de xullo.
Sem comentários:
Enviar um comentário