Caixanova anunciou unha caida dos beneficios no primeiro trimestre deste ano dun 29,2% menos. A empresa explicou que se debe a que o ano pasado contabilizáranse como ingreso extraordinario unha parte das plusvalías pola venda de Unión Fenosa.
Curiosamente os beneficios anuais do ano 2009 caeran un 39%, alegando daquela que se debía a un extraordinario no 2008 pola venda de Unión Fenosa.
Sinalar que a venda das participacións en Unión Fenosa a Gas Natural no ano 2008 foi por debaixo do valor pactado para a OPA de ACS que xa estaba prevista para o ano 2009.
Sem comentários:
Enviar um comentário