5.3.10

Actuación indignante do Banco de España


Segundo publica hoxe a Voz de Galicia o Banco de España urxiu a Xunta de Galicia, a Caixa Galicia e Caixanova a tomar unha decisión urxente sobre o futuro de ambas entidades, mentres o PSOE bloquea a fusión galega. Coñecendo as ameazas a outras entidades é motivo de preocupación.

Son públicas as actuación do Banco de España e as ameazas de intervención de varias entidades si non afrontaban os procesos de fusión deseñados dende o Ministerio de Economía. Os medios de comunicación publicaron as ameazas a Cajasur en Andalucía ou a algunhas caixas de Castela León “discolas” coas fusións. Sorprende o silencio ante esas actuación, nomeadamente cando estan en xogo milleiros de postos de traballo.

É certo que hai Caixas de Aforros que están como están, debido a unha expansión precipitada e a unha sobre-exposición ao sector inmobiliario, nomeadamente durante os anos 2005-2007. Pero non é menos certo que o Banco de España nada fixo daquela para evitalo, polo que a súa lexitimidade agora é mais que cuestionable.

O goberno central puxo catro liñas de apoio ás entidades financeiras cun custe multimillonario para o erario público, ao que se suman as axudas vía inxección de liquidez do BCE. Un dos maiores problemas que lastran a saída da crise é a restriccións do creto, pero MAFO semella non ter responsabildades ao respecto.

Pero hai que lembrar que os rescates bancarios tiveron un gran custe económico que provocou a existencia dun déficit público histórico, nomeadamente no Estado Español polo que Miguel Angel Fernández Ordoñez debería ter presentado a súa dimisión inmediata.

O Banco de España calou e non actuou durante a xestación da crise, e agora ameaza con intervir as Caixas de aforros que non afronten os procesos deseñados polo PSOE dende o Ministerio de Economía.

O goberno central bloquea a saída galega co seu recurso político fronte a lei de Caixas de Aforros do Parlamento Galego, a lei de caixas aprobada co maior consenso político e social deste país. Agardamos que as visitas do Banco de España non sexan na liña das realizadas en Andalucía ou Castela León ou estaríamos ante unha chantaxe que raiaría o “matonismo” económico.

Que ninguén se engane Miguel Angel Fernández Ordoñez ten carnet de “socio” do PSOE, non son cuestións técnicas estamos ante unha decisión política do PSOE pola que Galiza quedaría sen caixas, dun xeito ou doutro e os primeiros paganos seríamos os traballadores e traballadoras de Caixa Galicia e Caixanova.

1 comentário:

Acolloadísimo disse...

Chissssssssss, calade, que con ese curriculo ainda o contratan como Director Comercial de Caixa Galicia