Máis de 50 delegados e delegadas da CIG, xunto co Comité de Empresa de CxG Gestión Operativa, actual Hewlett-Packard Procesos de Negocios, desenvolveron unha concentración na mañá deste mércores diante da oficina principal de Caixa Galicia en A Coruña para esixir á entidade financeira e á multinacional HP garantías para o mantemento do emprego e das condicións laborais de todo o cadro de persoal de CxG.
Mal comeza a fusión, o anuncio efectuado polo presidente da Xunta de Galicia coñecémolo mentres estabamos coa pancarta diante da oficina principal da Caixa Galicia na Coruña, defendendo o emprego das empresas auxiliares.
En outubro, Caixa Galicia anunciou a venda da auxiliar CxG Gestión Operativa, encargada da xestión dos servizos centrais administrativos da entidade, á multinacional americana Hewlett-Packard. Venda que se fixo efectiva este martes, 1 de decembro.
Diante da nova situación, o Comité de Empresa solicitoulle, tanto á empresa compradora como a Caixa Galicia, negociar un acordo no que se comprometeran a respectar os postos de traballo e as condicións laborais das máis de 100 traballadoras e traballadores cos que contan a actualidade CxG Gestión Operativa. Ambas empresas responderon con meras declaracións de intencións de manter o servizo (aínda que non se pronuncian sobre o emprego) e de todas as condicións pactadas (esquecendo as condicións laborais que de feito existen na empresa), mentres anuncian que non van negociar.
Servizos administrativos
CxG Gestión Operativa realiza a xestión administrativa de Caixa Galicia e é a responsábel de que os clientes da mesma cobren as súas nóminas, as súas pensións ou reciban as facturas da luz puntualmente. A auxiliar é parte esencial do funcionamento da Caixa e o 100% da carga de traballo de CxG procede dela dende os últimos 22 anos. Por iso, dende o Comité tamén se alerta do risco que supón esta transacción non so para a continuidade dos postos de traballo, senón para o mantemento da calidade dos servizos achegados pola caixa aos clientes, xa que a actividade de CxG resulta primordial.
A xa antiga CxG Gestión Operativa convértese así nunha das primeiras vítimas do proceso de “racionalización económica” que Caixa Galicia está a levar a cabo de cara a prepararse para a fusión con outra caixa. Dende a CIG tamén se advirte que se esta á política laboral que se vai pór en práctica a respecto do emprego no proceso de fusión, esta resultará “moi conflitiva”, pois a central non está disposta a tolerar ningún tipo de medida traumática para os postos de traballo derivados dunha fusión.
1 comentário:
Un poquito de por favor:
Mendez: hacer el camino de santiago y presentar el programa saber vivir.
Gayoso: a presentar Luar,
o mejor los dos a Luar, con vuestro equipos directivos ( a ver lo que dura el programa en la tvg )
Enviar um comentário