Algunhas persoas pregúntanse que significan os termos solvencia e galeguidade, e porque esas dúas palabras están presentes no debate sobre o futuro das Caixas.
Solvencia: É a capacidade dunha empresa para facer fronte ás débedas contraídas. O coeficiente de solvencia define a relación entre activo e pasivo. Unha expansión precipitada asociada ao ladrillo; investimentos da carteira industrial no sector inmobiliario; un excesivo endebedamento; a suba da morosidade; son características da actual situación das Caixas de Aforros debido a un modelo de xestión decidido na CECA, unha situación que comparten Caixa Galicia e Caixanova. Os directivos das dúas empresas comparten que as caixas non poden seguir en solitario, deberían explicar aos cadros de persoal o porqué non é posible, asumir responsabilidades e marchar para casa.
Galeguidade: Dende un punto de vista do emprego, galeguidade significa que os Servizos Centrais continúen en Galiza e que a nova empresa manteña unha ampla rede de oficinas no país. Nós apostamos por uns Servizos Centrais non centralizados nunha sola cidade, pero que estean en Galiza, non en Madrid como implican os SIP ou as fusións con caixas foráneas. Tamén miramos ao noso redor e vemos como as redes dos grandes bancos estatais en Galiza reducíronse á mínima expresión (Santander, BBVA), un camiño que non queremos que sigan as caixas. Falar de galeguidade é falar de emprego aquí, non en Madrid.
Pero galeguidade é tamén economía, que os aforros dos galegos e galegas favorezan o crecemento económico do país, que as empresas e sectores estratéxicos para Galiza conten con financiamento e capitalización suficiente. Algunhas das maiores empresas que xeran riqueza e milleiros de postos de traballo están en pé grazas a que tiñamos caixas galegas.
Caixa Galicia e Caixanova teñen unha gran fortaleza financeira neste país (bo coeficiente de solvencia, baixa mora, etc.), os seus problemas económicos (que as obrigan a fusionarse) están ligados fundamentalmente á expansión. Non entendemos porque o camiño para salvarse pasa pola perda do carácter galego e facerse máis estatais. Que as direccións saian á palestra e nolo expliquen.
Cargáronse as Caixas e agora non queda máis que fusionalas para que reciban diñeiro público e recorten emprego, iso é o FROB. Que os malos xestores, os dous, non nos enganen: o deles é unha simple disputa de poder para seguir mandando e para iso están dispostos a experimentos incriblemente custosos para o emprego (un e outro apostan polo SIP foráneo). O noso é manter os postos de traballo, as condicións laborais e que a nova empresa sexa solvente e galega, non hai obxectivos máis dispares, son eles ou somos nós.

Sem comentários:
Enviar um comentário