22.11.09

PSOE, PP e CCOO votan a favor da absorción por Caja Madrid

Segundo informan hoxe nas súas edicións dominicais o xornal "Faro de Vigo" e a "Opinión da Coruña" o pasado xoves o Consello de Administración de Caixa Galicia tería aprobado por unanimidade un posible SIP con Caja Madrid e a CAM.

As persoas integrantes do Consello de Administración, entre os que se encontran Salvador Fernández Moreda, Presidente da Deputación de a Coruña (PSOE), Jose Clemente Orozco, alcalde de Lugo (PSOE), María del Mar Barcon (Secretaria de Organización do PSOE), José Muiño Domínguez, alcalde de Cabanas (PP), Javier Cainzos Vazquez, alcalde de Curtis (PP), Mauro Varela (ex-parlamentario do PP) e os dous representantes de persoal de CCOO (Cerredelo e María José), terían votado a favor da absorción de Caixa Galicia por Caja Madrid.


A CIG xa alertou sobre a posibilidade desta manobra no mes de xullo.

PSOE, PP e CCOO son algúns dos asinantes do pacto de "estabilidade de Caja Madrid", acordo que non impediu o escandalo ao redor desta entidade. Conviñeron que Rodrigo Rato sexa o futuro Director Xeral cun plan para convertila nunha entidade de referenza fronte a catalana "La Caixa".

Esta votación reafirma a nosa vontade de seguir adiante coa manifestación nacional de delegados/as do vindeira día 4 de decembro, como inicio dun proceso de mobilización social en defensa das Caixas de Aforros Galegas.

2 comentários:

Que vergoña amig@s disse...

Deus os dá e Deus (osexa Jose Luis) os manipula coma títeres.

Anónimo disse...

Non será que todos eles nos manipulan a nos, aos cidadáns, traballadores, clientes, etc?