10.11.09

O debate sobre a fusión catalana céntrase en despedimentos

Desgraciadamente o debate sobre a fusión das Caixas Catalanas está centrado hoxe nos termos anunciados pola CIG no informe sobre o impacto da fusión das Caixas Galegas.

A CIG anunciaba no informe que a suma das dúas empresas afectaría a 1.500 empregos e que pola pirámide de idades só 1.000 persoas poderían acollerse a unha hipotéticas prexubilacións. Pero como vimos insistindo calquera alternativa terá un custe en materia de emprego (as fusións ou SIP con Caixas foraneas afectarían duplicarían o custe como xa se denunciou no mes de xullo). Con aquel informe, que anticipaba a realidade actual noutras fusións, púxose o acento sobre o emprego nun momento no que a Xunta de Galicia e as dirección das entidades estaban envoltas nun mero debate de poder.

Por que hoxe coñeceuse que Caixa Manresa, Tarragona e Cataluña valoran en 1.800 persoas o excedente de emprego, propoñendo 1.400 prexubilacións co 70% do salario e o resto ata 500 postos de traballo serían despedimentos. E coñecese a decisión de segregar a través dun banco parte da rede noutras fusións e SIP.

Ante esta situación o vindeiro xoves a CIG-Aforro mobilizarase ante a Consellería de Facenda para pedir unha reunión urxente e para demandar un Plano de Futuro negociado . Asi mesmo en breve procederemos a convocatoria de Asembleas de Traballadores e Traballadoras.

Comunicado sindical nas Caixas Catalanas.

Sem comentários: