19.11.09

Intervencións da CIG nas 3 últimas Asembleas Xerais de Caixa Galicia

Os Conselleiros Xerais en representación do persoal, elexidos co apoio da CIG, foron os únicos que votaron en contra do modelo de xestión da entidade implantado a partires do ano 2006. A Xestión dese exercicio aprobouse no ano 2007 ,o primeiro no que dixemos non ao camiño erroneo emprendido pola dirección.

Votamos en conciencia, non somos responsables de que Caixa Galicia non poda seguir en solitario e que os traballadores e traballadoras esteamos a piques de pagar un duro reaxuste laboral. Polo tanto para calquera reclamación sobre esta cuestión fai click aqui.







2 comentários:

cigarron disse...

CCOO votou un ano que non (2007), outro que si (2008) e outro que si pero non (si a unhas cousas e non a outras).

Non apoiou unha posible convocatoria de folga, actuou de contra-folga.

E agora valelle calquera fusión, calquera SIP, di que só sobran 800 como afirman os informes de caixa galicia. Non sodes un sindicato, sodes unha panda, defendedes intereses persoais e os postos de mando na empresa dos vosos delegados/as.

Anónimo disse...

Por non falar dun correo dun responsable voso dicindo que as reunións polas tardes que facía Rivero eran "cursos de formación", tal e como se viu ante a inspección de traballo para humillación do voso delegado.

Ou dicir publicamente que a fusión se soluciona con "baixas incentivadas" (despidos pactados, que só afectaran ao persoal con menos anos na Caixa.

Hai tantas cousas que calamos e poderíamos contar.

Veña correde a deitarvos coa empresa, acaparade postos arriba para dicir amen.