O pasado 26 de xuño o Goberno Central aprobaba o Real Decreto Lei 9/2009 sobre reestruturación bancaria, unha reconversión de Bancos e Caixas por decreto. O Goberno xustificou este decreto en base a unha “extraordinaria e urxente necesidade”, o que xunto ao monto total de recursos públicos que se dedicarán ao sector financeiro (90.000 millóns de euros que se suman aos anteriores 32.000 millóns) poñen en evidencia que estamos ante unha crise sistémica.
A actual crise ten a súa orixe nun modelo económico, o neoliberal, que reduciu as medidas de control e supervisión en toda Europa, permitindo un modelo de xestión das Entidades financeiras claramente especulativo. Hoxe a economía real está a pagar as consecuencias, entrando nunha recesión sen precedentes. Semella claro que sectores estratéxicos, como o financeiro, non poden estar ao arbitrio dos especuladores.
Non é menos certo que non todas as Entidades financeiras pasan polas mesmas dificultades, como recoñece o propio Goberno Central. En todo caso, e dado que a xestión realizada, nomeadamente nas Caixas de Aforros malia que tamén nos Bancos, provocaron a situación actual, hai que denunciar que o Goberno do PSOE non contempla esixir responsabilidades aos actuais equipos directivos.
Este Decreto Lei contempla
• Un plan de recapitalización das Entidades, unha nacionalización parcial e temporal do sistema financeiro ante a previsión de graves dificultades no sector. Para que posteriormente cando recuperen a senda dos beneficios, proceder á saída do Estado volvendo a mans privadas. Socialízanse as perdas e privatízanse os beneficios.
• Será o Banco de España, organismo responsable do control do sistema financeiro que agora debe ser rescatado, o que xestione os fondos e decida unilateralmente a reconversión do sector. Poderá impoñer fusións entre territorios, laminando as competencias das Comunidades Autónomas, entre elas de Galiza. Neste senso non é entendible o silencio do goberno de Alberto Núñez Feijóo, ante a invasión de competencias e dada a transcendencia da posible desaparición por absorción de Caixa Galicia ou de Caixanova.
• O Real Decreto contempla tamén a posibilidade de que o Banco de España poda liquidar Entidades, traspasando os depósitos e os activos a outras entidades ou ao FROB, sen facer ningún tipo de mención ao emprego.
• Esta reconversión por Decreto pode afectar a máis dun 30% do persoal, 75.000 persoas a nivel do Estado e ata 5.000 postos de traballo en Galiza, que poderían ser máis no caso de que se produza unha absorción das Caixas Galegas.
Queremos deixar clara a nosa oposición a un Decreto que dilapida recursos públicos, exime de responsabilidades aos malos xestores e prevé unha reconversión por Decreto incluíndo a liquidación de Entidades.
Por último, a nosa firme oposición a calquera absorción de Caixa Galicia ou Caixanova que leve a perda do seu carácter galego, e a desaparición das Sedes Centrais e dos Servizos Centrais das cidades de A Coruña e Vigo.

1 comentário:
Cataluña, Extremadura e Andalucía estudan recurrir o FROB por inconstitucional, onde carallo está Feijoo?
Enviar um comentário