26.6.09

Ascensos de nivel nómina de xuño e garantía salarios

Nas nóminas abonadas o venres dia 26 de xuño, moitos compañeiros e compañeiras tiñeron un ascenso de nivel, despois de que a empresa dira cumplimento ao acordo acadado no seu día entre a CIG e Caixa Galicia ante o Ministerio de Traballo na mediación pola presentación dun Conflito Colectivo.

Daquela acordamos que en relación ao ascenso por experiencia contemplado no Convenio, grazas ao cumplimento de obxectivos comerciais poderíase acadar o nivel VI (fronte ao nivel VIII do Convenio, mellorando sensiblemente a carreira profesional.

Pero tamén acordamos que por cada 3 anos consecutivos de cumplimento de obxectivos, ou 5 alternos, acortaríase nun ano o ascenso. Agora grazas a ese artigo houbo persoas que ascenderon de nivel na nómina de xuño.

Por outra banda despois do impago do IPC e da desaparición do SRV, hai rumores sobre a posibilidade de que a empresa conxele outros conceptos salariais.

Temos que decir que o mesmo acordo entre a CIG e a Caixa Galicia, contempla e garante a actualización de varios conceptos, polo que non cabe a conxelación dos mesmos. Estes complementos son:

• Salario Mínimo Garantido: Garantída a actualización ata o ano 2010 na mesma cuantia que a suba salarial prevista no Convenio.
• CPAR e CPAS: Complementos C-322, C323, C324 e C339, actualización ata o ano 2011 na mesma cuantía que o Convenio.

Enhoraboa ao persoal que ascendeu e en definitiva unha importante parte dos nosos salarios está garantída grazas ao Conflito Colectivo que a CIG presentou no seu día.

Sem comentários: