Estamos ante o inicio dunha reconversión do sector financeiro: Bancos e Caixas de Aforros están procedendo ao peche masivo de centros de traballo e facendo redución de persoal; máis de 100 oficinas pecharon en Galiza dende o pasado ano, reconversión que ten repercusións laborais tanto pola destrución de postos de traballo como polo empeoramento das condicións laborais do persoal afectado (mobilidade xeográfica, redución complementos de posto de traballo, maior carga de traballo, etc). É de lamentar que os Convenios Colectivos, de ámbito estatal, non anticiparon as consecuencias da crise, polo que non dan cobertura ao persoal ante este proceso de reconversión.
Esta reconversión do sector financeiro está sendo impulsada e subvencionada polo Goberno Central a través do Banco de España, Entidade que ten asumido o papel de abandeirada pública dos recortes laborais e sociais no Estado.
Podemos falar de trato de favor a bancos e caixas: mentres o Ministerio de Industria condicionou as axudas públicas ao sector da automoción ao mantemento do emprego, o Ministerio de Economía está subvencionando as Entidades financeiras por un total de 150.000 millóns de euros de axudas directas (a través das poxas de adquisición de activos e dos avais ás emisións de títulos), sen ningún tipo de control nin condición.
Estas axudas públicas están sendo utilizadas incluso para pagar indemnizacións de despedimento. Cada día hai un maior número de despedimentos “pactados”, nos que os bancos e caixas ofertan indemnizacións de 45 días por ano traballado ou incluso superiores, polo que o persoal renuncia a defender o seu emprego. No Estado español o despedimento xa é libre, e nas Entidades financeiras está subvencionado polo Goberno.
Esiximos por parte do Goberno Central que as cuestionables axudas públicas se condicionen ao mantemento do emprego, á limitación dos salarios dos directivos das Entidades financeiras, e á limitación do reparto de dividendos aos accionistas. Se o Estado debe aportar recursos públicos para o mantemento do sistema financeiro, bancos e caixas deben ser nacionalizados para constituír unha Banca Pública.
Por último esiximos do Goberno Autonómico, nomeadamente da nova Consellería de Economía e Industria, quen legalmente ten a potestade para autorizar o peche de oficinas en base a Lei de Caixas de Aforros, que denegue os peches de centros de traballo anunciados unilateralmente polas Caixas Galegas.
As direccións de bancos e caixas, os Gobernos e o Banco de España pretenden que sexamos os traballadores e traballadoras quen paguemos as consecuencias da súa mala xestión que desembocou na actual crise económica.

Por todo isto, o 12 de maio maniféstate coa CIG na Coruña en defensa dos postos de traballo no sector financeiro en Galiza
Sem comentários:
Enviar um comentário