26.5.09

Adeus á variable

RRHH remitiunos as modificacións previstas para o SRV, co fin de que acheguemos un informe. Estamos en condicións de realizar unha avaliación inicial: a Caixa pretende cargar sobre o noso lombo as consecuencias da súa mala xestión.

O documento remitido pola empresa di que só terán dereito a variable aquelas persoas que o teñan establecido por contrato ou que o teñan aprobado polo Consello de Administración (¿a Alta Dirección?).

Así mesmo di que: "El régimen recogido en la guía adjunta servirá como base para el cálculo de un posible abono, en el caso de que, a final del ejercicio, los Órganos de Gobierno aprueben una partida a distribuir en concepto de Retribución Variable 2009". Condicionan tamén o cobro da variable a que os beneficios do ano 2009 non sexan inferiores aos do exercicio anterior. É dicir que nós traballemos que... xa veremos se cobramos.

A introdución unilateral da retribución variable respondía á implantación dun modelo comercial. Dado que deixarán de pagarnos o SRV, agardamos que se recupere a normalidade e que se abandone o modelo de presión e acoso comercial ao persoal.

Nunca defendemos a existencia dunha retribución variable, pero non se pode recortar unilateralmente o salario dos traballadores e traballadoras coa escusa da crise e manter as desmedidas retribucións da alta dirección.

Señores da Dirección: dean exemplo, publiquen os seus salarios e responsabilícense dos erros na súa xestión, que os hai. Sen ir máis lonxe, hoxe soubemos que Caixa Galicia non poderá actuar como garante de fondos de investimentos debido ás baixadas na cualificación da solvencia.



¡¡¡Se hai que facer máis recortes, que comecen polas nóminas da Alta Dirección!!!

1 comentário:

Anónimo disse...

¿ por que non preguntades no consello as retribucions individuias dos jefes?