O pasado 15 de abril tivo lugar unha mediación no Ministerio de Traballo e Seguridade Social en Madrid, ante a presentación de Conflito Colectivo por parte dos sindicatos asinantes do Convenio, contra a ACARL, pola súa negativa a actualizar os salarios conforme o IPC estimado (2%).
Igual que estivemos presentes nas mobilizacións do día 27 de marzo, adherímonos agora ao Conflito Colectivo.
Deste xeito as nosas nóminas en Caixa Galicia actualizaranse así:
* En abril, o 2% que aparecía ata o de agora como “anticipo a conta”, consolidarase nos salarios. Esta actualización corresponde ao ano 2008 e non implica unha suba, simplemente cambian os conceptos de abono.

* A ACARL recomendou dar un “anticipo a conta” por unha contía equivalente ao 1%, que será abonado en maio. Con este anticipo pretenden dulcificar a súa negativa a subirnos os salarios un 2% como correspondería no 2009.
* Tamén no mes de maio agardan poder aplicar a Clasificación de Oficinas correspondente ao exercicio 2008.
Ascenso categoría
En xuño contan con aplicar o pactado no “Acordo de Retribución Variable” asinado no Ministerio de Traballo pola CIG e Caixa Galicia.
O artigo 7 do citado acordo establecía que, por cada 3 anos de cumprimento de obxectivos consecutivos ou 5 alternos, acurtaríase 1 ano na promoción por experiencia establecida no Convenio Colectivo.
Tamén se establece que o ascenso de categoría chegará ata o nivel VI (fronte ao nivel VIII do Convenio). Polo que tamén se lle aplicará no mes de xuño ao persoal que actualmente ten niveis VIII ou VII.
Por último, no mesmo texto se di que os interruptores xerais non operan para estes ascensos.
Podes acceder ao texto do acordo aquí.
Sem comentários:
Enviar um comentário