Caixa Galicia terá que chamar a Carlos Sobera e solicitar o comodín da chamada para poder facer fronte a morosidade do 15,45%, un 19% en préstamos hipotecarios, que soporta a financeira "Crédito Familiar", precisamente o produto anunciado no seu día polo famoso presentador televisivo. A morosidade desta financeira podería superar así os 40 millóns de euros a final de ano.
A Caixa chegou tarde ao negocio dos préstamos rápidos, caros e de alto risco que se ofrecían habitualmente por televisión, o que agora se traduce nun nivel de morosidade disparado. O lanzamento desta financeira propia tivo lugar no mes de maio de 2007, un mes antes do arranque da crise financeira.
"Crédito Familiar" forma parte de CXG a Corporación Financeira da Caixa Galicia, precisamente a súa presentación pública foi realizada polo Director Xeral da Caixa Jose Luis Méndez e polo Conselleiro Delegado de CXG, Jose Luis Méndez (fillo).

O "Comodín da Chamada" é un novo éxito familiar.
2 comentários:
SE UN DIRECTOR DE OFICINA SE EQUIVOCA É EXPEDIENTADO E DESPEDIDO FULMINANTEMENTE. ¿PORQUÉ NON SE DESPIDE A NINGUÈN EN SEMELLANTE ACCIÓN SUUICIDA? AVISADOS ESTABAN QUE ESTO NON ERA O NOSO NEGOCIO NIN DEBERÁ SELO NUNCA, PERO SEGUIMOS ERRE QUE ERRE
Coma sempre a familia trap deixan cos seus aires de expansión incontrolado ( tamén no seu peto )un furado que tardarán anos e xeracións en tapar. A nos non nos dá a risa, agora temos que traballar a reo con máis presión para que as contas señan favorables cara a imaxen da familia.
E hora de dimisión.
Enviar um comentário