19.11.08

Novas fochancas...Tremón.

Tremeu novamente o despacho da rúa nova en a Coruña, desta volta polo caso Tremón. Caixa Galicia viuse afectada novamente pola situación crítica de empresas da construcción, desta volta pola creba de Tremón, que tiña unha débeda de 47 millóns de euros coa Caixa dirixida por Jose Luís Méndez.

Tremón sumase a unha longa lista de préstamos e investimentos fallidos: Astroc, Colonial, Urazca, Lábaro, Fadesa...

Polo de agora ninguen asumiu a responsabilidade destes malos investimentos, que supoñen unha perda multimillonaria para as arcas de Caixa Galicia.

Por outra parte o Grupo San José pretende renegociar os préstamos concedidos por bancos e caixas para adquisición de Parquesol. O mesmo sucede con Sacyr Vallerhermoso que ten 18.300 millóns de euros de débeda. Como non podía ser doutro xeito Caixa Galicia está tamén metida nesas fochancas.

1 comentário:

Anónimo disse...

E Habitat, e tantas outras, pero estás errado nuha cousa, as consecuencias as estamos a pagar todos (clientes e plantilla) e o malo e que nin así vai chegar para tapar o burato- O petardo foiche moi gordo e quedou con
moito fondo.
Ti tranqui José Luis, que ti xa tes aforrados cartiños para a xubilación.