13.5.08

Caixa Galicia vende as oficinas


Segundo informa hoxe a Voz de Galicia a Caixa porá en venda os locais das oficinas de fora de Galiza, agás as de representación noutros paises, con opción de recompra.

Sempre segundo a Voz con esta operación a Caixa pretende "por en valor os seus activos" e o importe ingresado sería destinado a reservas.

O xornal compara esta operación coa realizada polo Santander a principio do ano pasado, pero as diferenzas son claras. Botín vendeu cando o mercado inmobiliario estaba no seu punto álxido. Méndez pretende vender cando o mercado inmobiliario, nomeadamente o de fora de Galiza, está en crise. Unha operación e outra non teñen comparación.

2 comentários:

Anónimo disse...

Creo que os fillos do xefe valen un huevo, por que non llos oferta a outras empresas con clausula de recompra (como se fai cos futbolistas).

Si valen tanto seguro que nos darían un Potosí.

Anónimo disse...

Véndense os locais a unha empresa financiandolle a compra. Co que lle pagamos de aluger pagan o préstamo.

A Caixa consigue liquidez para facer fronte a Astroc, Colonial,os vacos e todos tan contentos.