
Os traballadores e traballadoras de Caixa Galicia temos uns dereitos en materia de horarios e permisos que superan o establecido no Convenio Estatal. Estas melloras están recollidas no “Regulamento de Presenza no Traballo”, que venceu o pasado mes de decembro e no denominado “Acordo Social”.
Por exemplo, este mes non abrimos os xoves polo serán e durante o verán sairemos ás 14:30 horas (naquelas oficinas onde o permita a excesiva carga de traballo, claro). En todo caso aínda que non hai un novo acordo, RRHH, a petición da CIG, aceptou prorrogar o regulamento anterior.
Noutras empresas do sector houbo acordos que avanzan na libranza do serán dos xoves en horario de inverno, pero en Caixa Galicia calquera mellora dos horarios é hoxe imposible.
A CIG non asinou o novo Convenio porque incluía a posibilidade de abrir oficinas todas as tardes e agora a Dirección é clara: negociará o Regulamento de Presenza no Traballo se aceptamos abrir oficinas todos os días polo serán.
En definitiva calquera mellora en materia de xornada está bloqueada pola ameaza que supoñen os novos horarios establecidos no Convenio.
Sem comentários:
Enviar um comentário