7.3.08

Situación da muller en Caixa Galicia

Ante a celebración do día 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, pensamos que o mais positivo é analizar a situación da muller na nosa empresa, analizar a carreira profesional da que dependen as diferenzas retributivas entre homes e mulleres. Esta analise forma parte dun estudo mais amplo realizado nas duas Caixas de Aforros Galegas.

Para o estudo tivemos en conta o censo de toda Caixa Galicia ao mes de Maio de 2007, o último informatizado que recibimos da empresa.


O nivel I é o nivel salarial mais alto do Convenio, con maiores retribucións, o nivel XIII é o mais baixo. Do nivel XIII ao nivel VIII ascendese por antigüidade, a partir dese nivel o ascenso é decisión unilateral da Dirección da empresa. Un 46,32% das mulleres teñen un nivel salarial limitado a carreira profesional do Convenio (XIII a VIII), fronte a un 19,68% dos homes na mesma situación.

En canto aos ascensos concedidos polo Consello de Administración un 80,32% dos homes ascenderon por decisión unilateral da empresa fronte a un 53,68% de mulleres, que por outra parte dificilmente ascenden mais ala do nivel IV. Esta situación é debido a que a carreira profesional das mulleres ten o seu teito nos postos de subdirectora.

Pensamos que non son precisas mais análises, Caixa Galicia é unha empresa que discrimina as mulleres, os números cantan.

4 comentários:

Anónimo disse...

Non é que discriminen,mal pensados/as. O que pasa é que na familia do xefe só nacen nenos.

Anónimo disse...

Soy mujer y me toca los ovarios la hipocresía de Caixa Galicia.

La vajilla y el juego de copas que os las compre vuestro ....padre.

Anónimo disse...

Hipocresias temos muitas en todos os lados algunhas veces os que parecen os mellores son os peores

Anónimo disse...

Descontento, hai quen ve a palla no ollo alleo e non ve a viga no propio, ;)