1.2.08

RRHH chama a súa porta


Non é unha chanza nin unha montaxe fotográfica, a pandemia de comercialitis aguda que padece Caixa Galicia ten chegado a RRHH. División Comercial descubriu un novo filón de clientes sen explotar (para vendernos produtos claro): os traballadores e traballadoras.

RRHH venderanos produtos de beleza, moda, etc: “RRHH llama a su puerta”.

Terán obxectivos comerciais?, terán axendas e carpetas? Recibiran chamadas dos burocratas de comercial para ver que previsión de vendas diarias teñen?.

Moitas empresas do sector financeiro pretenden cambiar salario dos empregados por produtos que vende a empresa, será ese o obxectivo final de Caixa Galicia?.

Lamentable.


Podes aceder dende aquí a páxina web do invento.

3 comentários:

Non compro, grazas disse...

Si ves a un tipo traxeado entrar pola oficina, pide falar contigo e se identifica como de RRHH, non te asustes.

Non ten porque vir a entregarte unha sanción ou despido, a partir de agora pode vir a venderte un novo produto de beleza ou a última blackberry.

Farolillo Rojo disse...

De paso que poñan unha máquina de preservativos na entrada da sede da Caixa Galicia, esta empresa é unha casa de putas.

Farolillo Morado disse...

O mellor o concesionario dos coches, entras e a primeira foto é dun roll royce. O utilitario de calquera administrativo.