30.1.08

Requirimento da Inspección de Traballo de A Coruña

Ao longo do ano pasado asistimos a un incremento das reunións comerciais fóra da xornada laboral, nas que se trataba con pouco respecto ao persoal. Daquela os delegados e delegadas da CIG decidimos estar nas portas de cada reunión para denunciar os modos e denunciar nas Inspeccións de Traballo a prolongación da xornada.

Tanto en Ourense como en Pontevedra, Caixa Galicia foi sancionada e agora, despois de revisar o seu criterio, a Inspección de Traballo de A Coruña fixo un requirimento a Caixa sobre as reunións que se realizan polo serán en A Coruña capital, O Ferrol e Compostela.

a) A empresa deberá poñer en marcha un rexistro de xornada diaria, incluídas as reunións polo serán. Respectando os tempos de descanso entre xornada e xornada.

b) Se se sobrepasan as 9 horas (incluído o tempo de desprazamento) tamén se rexistrarán como horas extras.

c) Rexistrarase a súa compensación con tempos de descanso.

d) Reflectirase nos recibos de salarios.e) A efectos de comprobación de cada reunión remitirase escrito a Inspección de Traballo, ao Comité de Empresa e aos delegados sindicais. Indicando día da reunión, listados de asistentes, lugar dende o que se desprazan e o tempo previsto do desprazamento.

En caso de compensación con tempo de descanso aportarase tamén a Inspección no prazo de dez días seguintes ao descanso compensatorio (indicando nome, posto de traballo e centro de traballo).

Aínda temos discrepancias con esta acta, no relativo a diferenza entre a xornada real (1.560 horas) e as 1680 en cómputo anual que asinaron no Convenio. Un extremo que trataremos de aclarar en breve coa Inspección de Traballo, xa que pensamos que a razón nos avala.

En definitiva, había unha tendencia a incrementar o número de reunións polo serán, dende a CIG denunciamos esta situación e Caixa Galicia foi sancionada en Ourense e Pontevedra e agora requirida en A Coruña. Un bo motivo para a reflexión, non?

6 comentários:

Anónimo disse...

Pódedenos explicar o procedemento para votar por correo nas vindeiras eleccións?
Grazas.

Administrador disse...

Debes solicitar o voto por correo a Mesa electoral.

Dende a Mesa xa che remitiran toda a documentación para que podas votar enviando un sobre por correo certificado.

En todo caso podes poñerte en contacto con calquera delegado/a da CIG para que te explique o proceso ou podes remitir un correo a Sección Sindical.

Anónimo disse...

Bueno, vamos a ver. He de reconocer que soy un empleado que confío en Caixa Galicia, y creo que, aunque la presión es la técnica dominante, es exigencia del mercado, pero eso sí, el hecho de que la Caja haya sido sancionada por esas "reuniones escapada" por las tardes es óptimo, ya que no tienen utilidad alguna y sólo sirven para... NADA... por lo que considero necesaria la reflexión. Soy afiliado a otro sindicato pero la verdad os estais currando el tema. Enhorabuena.

Anónimo disse...

Vale, xa o pedín.
Creo que deberiades publicar unha entrada no blogue explicando de forma sinxela o procedemento para solicitar o voto por correo.
1-Entras no Outlook e no buscador de direccións tecleas "Elecciones Personal 2008.
2-En asunto pos "Voto por correo en Eleccións Personal 2008".
3-Finalmente no texto indicas o teu nome e DNI, clave de empregado e lugar de envío do sobre e papeletas electorais.
Se ademáis na entrada explicades o que nos van a mandar e a donde temos que enviar o sobre co voto xa sería unha maravilla.
Grazas de antemán.
P.D.: O feito de que poñan tan poucas mesas electorais está claro que vai implicar pouca participación. Creo que antes da disputa entre as diferentes opcións sindicais está fomentar a participación para que os nosos representantes no Consello gozen da máxima lexitimidade.
Grazas de antemán e un saúdo.

Anónimo disse...

Esa é a nosa CIG. Si esto non se amaña caña, caña, caña!!!

Anónimo disse...

Si estas afiliado a outro sindicato, pero recoñeces que a CIG o está facendo ben: cambiate como fixemos outros, recibiranche cos brazos abertos.