8.1.08

Carta dun traballador de Caixa Galicia a súa moza

Transcribimos unha carta que circula internamente pola empresa, dicía Sigmund Freud que detrás de toda broma hai sempre unha verdade, e que cando coñecemos a realidade podemos rirnos dela.

Carmela:

O gran día chegou por fin Carmela, por fin nomeáronme Director, agora si, agora si que cheguei, son alguén, triunfei, recoñécenme os méritos, agora si que nos poderemos casar, non quepo en min estou cheo de fachenda, que feliz son. Quérote.

Unha semana despois.

Ola Carmela, todo é marabilloso, teño despacho propio, é xenial, ben aínda non entrei moito porque pola mañás sempre falta alguén na ofícina e teño que estar entre a caixa e o posto de interventor, pero non importa polas tardes teño a oficina enteira para a miña, como non vén ninguén mais, pero non importa, mais tranquilo, verdade ? Quérote Carmela, a vida sorrinos, son Feliz.

Un mes despois

Carmela, isto está moi ben, está claro que algúns aínda non saben que son Director porque case todo o mundo ordena ou esixe algo, da zona, da formalizadora ,do car, imaxino que será cuestión de tempo solucionar o malentendido. O despacho segue sendo marabilloso aínda que agora só o vexo polas tardes e non demasiado ben porque os papeis tápano todo, pero non te preocupes seguro que é a adaptación normal ao posto, quéroche moito Carmela, estou moi ben.

Tres Meses Despois.

Carmela perdoa os modais, pero é que estou un pouco enfadado e algo tenso, son as dez, levo dous cafés , dúas pastillas de Almax para a dor de estómago e doce correos electrónicos lidos, catro por ler, tres ficheiros por enviar e un par de estimacións de previsións de posibles futuros clientes. Algo non estou facendo ben Carmela, empezo coas estimacións, logo os correos do que non asinei ( principalmente porque estaba facendo estimacións ) , despois os correos de explicacións de porqué non asinei, logo envío correo de como arranxo as desviacións, non podo visitar os clientes porque teño reunións de vendas e de obxectivos e para cando termino con todo iso , pasou o mes e empezamos de novo. Teño que organizarme, seguro que isto é porque non lle collín o truco, de momento deixarei o ximnasio porque a verdade ás oito e media da tarde non me vén demasiado ben, creo que o paddel os mércores ás nove de momento tamén o deixo, ademais fai moito frío. Non te preocupes Carmela non estou mal, quérote.

Seis Meses despois.

Carmela, isto é un inferno, non sei se poderei aturalo, estame caendo o pelo, fai dúas semanas que só vexo o Sol os fins de semana e os meus amigos nin me chaman de tantas veces como os deixei tirados. A merda do meu despacho xa non o piso nin polas tardes, entre as vacacións dun e outro levamos tres meses sen levantar cabeza, pensei en traerme unha muda e pasar algunha noite aquí para adiantar traballo, total para o que estou en casa. De todos os xeitos e aínda que o meu xefe xa me dixo varias veces que así non podemos seguir e que a cola do paro está chea de ex-directores, o que me consola é que como me dis na túa última carta atopaches un amigo co que pasear polas tardes mentres eu traballo, alégrame que non esteas soa. Carmela a vida é unha merda, pero temos o noso amor.

Un Ano despois do nomeamento.

Carmela sei que probablemente non lerás nunca esta carta porque fai 4 meses que te casaches co teu amigo o dos paseos, escríbote só para dicirche que deixo a Caixa. O médico díxome que se fago vida normal os desamaños estomacais quitaránseme nuns anos, o da calvicie non creo que teña arranxo, e os quince quilos de mais seguro que mos quito cando volva facer deporte, a miña nai non me perdoou aínda que non fose á voda da miña irmá, pero é que o meu xefe estaba convencido de que era unha data crítica para a campaña das yogurteras e non podía faltar a tarde do Venres e moito menos o Sábado ese. Imaxino que ao final volverán falarme, bo o meu cuñado non, investinlle os aforros nun super fondo de investimento, a verdade é que non estaba moi convencido pero é que non fixera nada e dixéronnos que o último do ranking íase á rúa. Agora mesmo leva perdido un 75% do capital pero confío que en dez ou vinte anos se recupere. Espero que esta carta non te moleste, de todos os xeitos non teño moita mais xente á que avisar, non falo cos meus amigos desde fai oito meses e mira como están as cousas coa miña familia. Os compañeiros dixéronme que intentarán facerme unha comida de despedida pero parece que para o día previsto puxéronlle una reunión. Este posto arruinoume a vida Carmela, que desgraciado son.

2 comentários:

Anónimo disse...

Clavado

Anónimo disse...

E para aguantálo todo, ansiolíticos, antidepresivos, metabloqueantes, antitensionales, anticolesterolizantes, antinieblas y todos los antis del mundo.

Aderezado con moita Viagra para poder ir de Putas e descargar as frustacións, elas arranxan con pilas alcalinas.

Unha merda.