22.12.07

Continuan saltando as alarmas sobre a mala xestión de JL Méndez

A axencia Moodys ven de rebaixar o nivel da débeda de Caixa Galicia a A2. Cando na Asemblea Xeral da CIG votou en contra do modelo de xestión o Director Xeral falou dos bos informes de "mis amigos de Moodys". Cando se comezaron a coñecer informes negativos desta axencia, o Director acusou a Moodys de ser pouco serios, quixo "matar ao mensaxeiro".

No actual informe da Axencia Moodys o nivel do risco de Caixa Galicia baixa a nivel A2, é decir que a calidade do risco é mala polo que está exposta a unha posible maior morosidade. Esta baixada do nivel de risco tamén impedirá titulizar os prestamos para negociar con eles e obter liquidez.

Nova do diario Cinco Días.

2 comentários:

Anónimo disse...

Co carnet A2 pódese levar unha moto pequena. Para motos grandes se ten que ter o A1 (como ten Botín). De tódolos xeitos o karallán de JL seguirá vendendo a "súa moto", tánto lle ten, este sabe "trucar" moi ben os motores.

Váiase Sr.Méndez e leva os poliños contigo.

Anónimo disse...

Responsabilidade Social Corporativa:

Respectan os dereitos laborais do persoal (só hai que mirar este blog);

Respectan o medio ambente (Ence, Reganosa...);

Respectan aos clientes (sanción da CNC, venda cruzada);

Xestionan a empresa de xeito sostible (informe moodys).

Viva a Irresponsabilidade Antisocial!!