22.11.07

Pleno da CIG no Comité de CXG Gestión Operativa (COINSA)

O día 22 de novembro celebráronse as eleccións en CXG Gestión Operativa, a antiga COINSA, empresa auxiliar da Caixa Galicia e a candidatura da CIG obtivo os 5 delegados e delegadas en xogo.

Historicamente a CIG sempre fora candidatura única en COINSA, empresa do grupo Caixa Galicia, desta volta concorría tamén unha candidatura da UGT, pero os traballadores e traballadoras apoiaron masivamente a candidatura do sindicato nacionalista conseguindo esta co 87% dos votos os 5 delegados en xogo.

COINSA pasou no ano 2004 por graves problemas debido a falta de carga de traballo, chegando a empresa a plantexar a suspensión de 10 contratos de traballo. Finalmente grazas as negociacións realizadas pola CIG a empresa matriz Caixa Galicia garantiu a viabilidade, chegando a duplicar o número de traballadores e traballadoras nos últimos dous anos.

O resto das empresas auxiliares do grupo practicamente desapareceron ou foron vendidas a terceiros. Para a CIG nestas eleccións o persoal de COINSA respaldou co seu voto a firme actuación sindical naquel conflito en defensa dos postos de traballo.

A candidatura da CIG obtivo 88 votos, un 87% dos votos e os 5 delegados, fronte aos 8 votos da UGT e 5 votos en branco.

1 comentário:

Cigarreiro disse...

Enhoraboa aos compañeiras e compañeiros de COINSA, especialmente a Arturo, que se mellore.