2.10.07

SRV: Presentamos Conflito Colectivo

Tal e como anticipamos onte, vimos de presentar un Conflito Colectivo ante a Dirección Xeral do Ministerio de Traballo en Madrid contra Caixa Galicia, polas continuas modificacións unilaterais do Sistema de Retribución Variable (SRV) correspondente ao ano 2007. Esta presentación no Ministerio é o paso previo para que se xulgue o conflito na Audiencia Nacional.

Cabe lembrar que ao longo deste ano a empresa introduciu unilateralmente importantes trocos nos requisitos para o cobro do SRV 2007. Primeiro no mes de febreiro coa introdución entre outras cuestións dos obxectivos individuais e posteriormente volveu modificar unilateralmente o SRV no pasado mes de agosto.

Polo camiño quedaron os cargos nas contas do persoal polos supostos erros no pago do anticipo do SRV, cargos nunca aclarados malia os insistentes requirimentos por parte da nosa Sección Sindical.

A empresa está tomando por norma crear novos postos de traballo fóra da Clasificación de Oficinas establecida no Convenio, postos que teñen como única compensación unha retribución variable, o SRV, un complemento non negociado que se modifica ao gusto da Dirección.

Por un novo traballo certo, o persoal recibe un salario incerto e, aínda por riba, os criterios para o seu cobro modifícanse ao longo do período de cómputo.

Ante esta situación vimos de presentar un Conflito Colectivo para deixar sen efecto as modificacións introducidas neste ano, obrigando á Dirección a negociar calquera modificación do SRV.

O resto dos sindicatos están chamados ao Conflito, polo que agardamos poder contar co seu apoio nesta xusta demanda que afecta a todo o persoal. Ao fin, defendemos que a Dirección da empresa non poda modificar unilateralmente un aspecto fundamental: a estrutura do noso salario.

5 comentários:

Anónimo disse...

Me imagino que un buen trabajo requiere su tiempo, digo por que teniais que presentarlo hace un año.

Anónimo disse...

¿Estas modificaciones del SRV no se aprobaron en Consejo de Administración? ¿Qué hizo la representante de la CIG? ¿También votó a favor?

Anónimo disse...

Nunca es tarde si la causa es buena.
Estrategia, atontado, se llama estrategia.
¿Que están haciendo los "otros" para evitar los abusos? como la avestruz, escondiendo la cabeza y levantando el culo (la vaselina la pone la Caja).

Administrador disse...

A creación do SRV foi aprobada en Consello de Administración, recibindo o voto negativo da representante da CIG ao que se sumou o outro representante do persoal.

As modificacións non foron aprobadas no Consello, foron aprobadas na Comisión Delegada do Consello de Administración.

Na Comisión Delegada a CIG non ten presenza, polo que non houbo posiblidade de exercer o noso voto.

Anónimo disse...

A empresa contra ataca.

Acaban de sacar un boletín informativo explicando:

-As bondades dos cambios so SRV.

-As bondades do Plan Talentum.

-Aclarar como son as Oposicións de Ascenso.