15.10.07

Preacordo de Convenio: poderan abrirse mais oficinas polo serán.

Ante a publicación da existencia dun preacordo asinado entre a ACARL e os sindicatos das Caixas CCOO e CSICA queremos deixar clara a nosa posición:

• Mentres a CIG se mobilizaba en contra da apertura polas tardes, o resto da representación sindical e a patronal mantiñan de novo reunións clandestinas nas que volvían a falar da apertura polas tardes. Este preacordo non foi presentado na Mesa legalmente constituída para negociar o convenio.

• Estamos ante un preacordo, pouco máis que un relatorio de intencións; haberá que agardar a coñecer o texto definitivo para saber todas as implicacións e poder facer unha valoración completa.

• O “conseguido” non é de balde, amplíanse as oficinas que poden abrir todas as tardes a través das xornadas singulares: introducen as oficinas de empresas, as que están situadas en polígonos comerciais ou as que están situadas a carón de centros comerciais. Nalgunha empresa podería abrir ata un 10% da rede de oficinas.

• O exceso de euforia dos sindicatos empresariais CCOO e CSICA está xerando falsas expectativas sobre este convenio. Aconsellamos ao persoal que lea directamente o texto do preacordo e que chegue as súas propias conclusións.

Por exemplo, calquera que lea o texto descubrirá que non cobrará un ¼ de paga (incluída a antigüidade ou os pluses como en calquera outra paga), senón só o 0,25 do salario base que teña no momento de percibir o Plus (haberá que agardar polo tanto ao texto definitivo para clarificar como se cobra durante o período de consolidación).

En suma agardaremos a coñecer o texto definitivo para facer unha valoración completa, pero polo momento semella que as Caixas conseguiron dobregar a parte da representación sindical e poderán abrir oficinas polo serán.

3 comentários:

prefiero ser cauta disse...

No creo que se atrevan a dar el visto bueno a semejante burrada. Llevan mucho tiempo publicando notas en las que aseguran estar "rotundamente en contra" de modificar los horarios.
Desde luego si entran en este juego mintiendo a los empleados se merecen un castigo contundente.
El tiempo os dará o quitará la razón.

Anónimo disse...

Entre en la página de comfia, lei el preacuerdo y es cierto lo de las tardes. Cualquiera puede verlo.

A principio de año nuestro Director dijo que pensaba abrir por las tardes 50 oficinas de empresas, aun se pude ver en el google.

Que vendida!! Teneis que hacer algo ya o se cargan el horario.

Con cariño disse...

Estimado/a anónimo/a:

"Todos tenemos que hacer algo". Con el apoyo de la CIG, porque está claro que son los únicos que le ponen reaños al asunto.

Mi voto en las próximas elecciones lo tendrán y si deciden que debemos ir a la huelga, iré.
Gracias CIG y ánimo, no estais solos