11.10.07

Negociación con presión


Vimos de manter unha reunión do Director Xeral para analizar a situación de Caixa Galicia. Nesta reunión tamén estivo presente a situación laboral, tanto o conflito colectivo que vimos de presentar contra as modificacións do SRV, como a inminente convocatoria de FOLGA.

Pola nosa parte, incidimos que tanto o conflito colectivo como a Folga tiñan como obxectivo forzar á empresa a negociar para solucionar a deteriorada situación laboral e ofrecémonos para buscar unha vía negociada ao conflito laboral.

Por parte da Dirección fíxose unha oferta de diálogo, que vén de escenificarse coa apertura das mesas de negociación con toda a representación sindical.

Por primeira vez, aceptouse a proposta feita pola CIG ao departamento de Relacións Laborais e abriranse as mesas de negociación dos Regulamentos de Presenza no Traballo e Préstamos, antes do seu vencemento. Pero a negociación ten que abrir unha porta para solucionar os problemas reais que hoxe temos os traballadores e traballadoras de Caixa Galicia, é dicir, os puntos postos sobre a mesa polas Asembleas celebradas vai facer un ano.

Desgraciadamente, unha vez máis, a empresa aproveitou a apertura das negociacións para presentar un novo Plan unilateral de “Desarrollo Estratégico Directivo”: a reestruturación da área de riscos.

Ante o cambio de estratexia comercial da Caixa pretenden a desaparición da maior parte dos/as responsables de riscos, un número indeterminado será trasladado fóra das actuais oficinas de destino. E “uns poucos/as” terán incluso xornada partida.

As oficinas están en cadro pero a Caixa opta por quitarlle recursos creando un novo departamento burocrático centralizado. A empresa di que acepta negociar, pero continúa actuando unilateralmente en materias que teñen graves repercusións laborais, unha situación que se vén repetindo ao longo dos últimos dous anos.

Ante esta situación sentarémonos a negociar, pero mantendo as medidas de presión. Se a Caixa presiona, nós tamén: hai conflito colectivo e hai convocatoria de folga.

13 comentários:

Anónimo disse...

Que viva os traballadores e traballadoras da Caixa Galicia!!

Que viva a Folga!!

Todos xuntos a por todas.

RR contra GRR disse...

Soy responsable de riesgos, si tenia alguna duda no me queda ninguna.

El 10 de diciembre todos a la huelga!!

T-6 disse...

Xa era hora, da igual o que vendamos, motos, teles ou pasivo, a presión é a mesma.

Todos a folga

cucurrucucupaloma disse...

Negociar con Caixa Galicia? jajaja

Non queda mais remedio, FOLGA

Farto disse...

Como podo conseguir un cartel para pegar na miña oficina?

Anónimo disse...

e Mendez vai a folga

Un director disse...

Temos que deixar os temores. A única solución é a folga. Unidos lle faremos cambiar este despropósito laboral.

O psiquiatra disse...

Méndez fai tempo que estás "ido", pero o día 10(Dic) tamén as de estar fodido.

Vaite e fainos un favor a todos (e non esquezas levarte os nenos contigo).

Anónimo disse...

10 de decembro, nin unha oficina aberta!

arriba la cig disse...

Todos unidos a folga xeral, o 10 de decembro todos xuntos loitaremos.

Anónimo disse...

eu tamen quero un cartel para a oficina pero tamen pegatinas ou panfletos para entregarlle os clientes en vez de entregarlle o folleto do montesinos.Unidos gañaremos.

Anónimo disse...

Pero, la huelga ¿está convocada?
Un amigo del registro me dice que nadie de CIG ha presentado ninguna solicitud de huelga en Caixa Galicia.
Váis en serio o de cachondeo?
Dejad de engañarnos.

ATORMENTADO disse...

Me pillo el puente de la Constitución y el lunes 10 habéis convocado huelga.
¿Puedo decir que sigo de vacaciones, que habéis pasado por mi oficina y no he podido entrar?
Me gustaría saberlo con tiempo, viajo fuera de Galicia.