3.7.07

O persoal é convocado de novo a reunións fora da xornada laboral

Por si non chega co chollo que hai, convocan reunións polo seran

O xoves día 5 de xullo ás 17:00 horas a empresa ten convocado a 126 traballadores e traballadoras da provincia de Ourense para presentar as liñas comerciais para o segundo semestre deste ano. O horario pactado durante o período estival vai das 8:00 ás 14:30 horas, pero unha vez mais a Dirección de Caixa Galicia aposta por vulnerar a lexislación.

Xa non respectan nin o dereito do persoal a descansar as tardes do verano, o día 28 de xuño un numeroso grupo de traballadores e traballadoras da Territorial de Ourense recibían un correo electrónico no que eran convocados a unha reunión comercial fora da xornada laboral para o vindeiro xoves día 5 de xullo. Imaxinamos que foi enviado con tanta anticipación para que tamén o recibira o persoal que pensaba coller vacacións.

Malia que Caixa Galicia foi recentemente sancionada pola Inspección de Traballo desta provincia, por este mesmo motivo, agora a Dirección pretende de novo que o persoal realice horas extras de balde e sen cotizalas á Seguridade Social.

¿Será que algún alto Directivo descoñece que durante o verano non traballamos os xoves polo serán?, da igual, o descoñecemento da lei non exime do seu cumprimento i esta nova vulneración da lexislación laboral xa foi denunciada ante a Inspección de Traballo por parte da CIG.


1 comentário:

Anónimo disse...

FALTA DE RESPETO-ACOSO-PRESION-INCUMPLIMIENTO DE LA LEGISLACION VIGENTE-DESPRECIO A LA CONCILIACION CON LA VIDA FAMILIAR (NI NO VRAN).
¿¿¿¿QUÉN É O QUE QUERE ASINAR ACORDOS E REBAIXAR O CLIMA CONFLICTIVO?

¡¡¡QUEN MAL ANDA...E QUE ANDA COXO!! "DOMADE OS VOSOS CANS"