14.5.07

Non asines o teu despido, non ao Talentum

Plan Talentum: máis presión comercial!!

Caixa Galicia vén de poñer en marcha un novo Plan denominado Talentum que incrementará a presión sobre o persoal administrativo.


En primeiro lugar, deixar claro que estamos de acordo nun 100% co contido do comunicado de CCOO sobre o Plan Talentum. Pensamos que é preciso unir as nosas forzas e as de todos e todas os traballadores e traballadoras de Caixa Galicia para que o Plan Talentum sexa retirado.

O Plan Talentum foinos presentado pola responsable da “Área Estratéxica Directivos” María Camino, pero a presentación reduciuse á entrega de 2 folios, sen entrar nas condicións reais do proxecto. Na propia reunión indicóusenos que sería presentado inicialmente a 140 persoas da “Rede 2” e que posteriormente se presentaría ao persoal de Galiza.

Foi nesta reunión en Madrid co persoal da “Rede 2” onde se deu a coñecer o que non nos contaron, as graves implicacións deste plano: leoninos obxectivos comerciais semanais individualizados, con compromiso de cumprimento por escrito.

En todo caso é un Plan que afectará ao persoal contratado pero tamén ao persoal fixo identificado pola empresa directamente ou a través das entrevistas anuais. Agora confírmase que as enquisas tiñan un alcance máis alá do SRV tal e como denunciamos nós no seu día.

Hoxe mesmo temos solicitado a RRHH, á Área Estratéxica Directivos e ao Secretario Xeral, a retirada inmediata do Plan Talentum, así como copia básica do contrato que deberá asinar o persoal comprometéndose a cumprir obxectivos.

Non asinedes ningún contrato individual con compromiso de cumprimento de obxectivos, xa que pode significar un despedimento procedente no caso de que non cumprades as leoninas condicións impostas pola empresa.

Pola retirada inmediata do Plan Talentum
Non asines o teu despido
Ningunha agresión empresarial sen resposta!!!

4 comentários:

Anónimo disse...

MAL PENSADOS. ESTE PLAN É PARA DARLLE FORMACIÓN E SAIDAS DIRECTIVAS OS REFORZOS DE VERÁN. QUE A TODO LLE QUITADES PUNTA KARALLO.

Anónimo disse...

Pedidelle a Joselito Mendez que explique as súas inversións en Astroc.

A Caixa perde cuartos (ou os regala Deus sabe a quen) pero non pasa nada. Exprimimos ao persoal o doble e xa está.

Anónimo disse...

Nos tempos presentes temos moitos esperimentos cunhas constantes : os planificadores o fan moi ben e os suxetos do esperimento saen vapuleados.

Anónimo disse...

O peor dos expedientes e o marcharte para casa despedido. Se se convoca unha folga eu arriscome a que me puteen un pouco, pero temos TODOS QUE PLANTARLLE BATALLA a esta loucura no que se converteu CaixaMENDEZ, fillos & amigos, sl.