Dende a Sección Sindical da CIG en Caixa Galicia queremos facer público a nosa solidariedade con Marcos Antuña, Secretario da Sección Sindical do sindicato CSI (Corriente Sindical de Izquierdas) en Cajasturias despedido o pasado 11 de Decembro.
Cajasturias vive un conflito laboral moi semellante ao que vivimos en Caixa Galicia, o pasado día 29 de Decembro o persoal desta Caixa de Aforros participou masivamente nunha xornada de Folga convocada de xeito unitario por toda a representación sindical, o vindeiro día 5 de Xaneiro está prevista unha nova xornada de folga.
Nos días previos á folga a Dirección despedía a este traballador pola súa labor sindical e por ter solicitado na Asemblea Xeral de Cajasturias información sobre o salario do Director Xeral Manuel Menendez e sobre os importes correspondentes a compra de locais por parte da Entidade.
Segundo denunciou o CSI este despedimento enmarcase dentro da campaña da Dirección para amedrentar ao persoal con vistas as xornadas de folga. Dende a Sección Sindical da CIG en Caixa Galicia queremos facer pública a nosa solidariedade con Marcos e esixir a súa inmediata readmisión.
Galiza, 2 de Xaneiro de 2007.

4 comentários:
Que casualidade o Director Xeral de Cajasturias é Menendez e o de Caixa Galicia Mendez. Os dous xestionan igoal, son parecidos razoables.
propoño folga pra os días 2,3 e 4 de abril. Ca axuda de deus, con tempo e boa organización o resultado pode ser divino.
que pasa o 2, 3 e 4 de abril?
que o 5 e 6 son xoves e venres santo e xuntamos unha seman enteira para facer exercicios espirituais.
Enviar um comentário