19.1.07

O día 20 CIG e CCOO mobilizarémonos na convención


O Director Xeral poderá presentar o ano 2006 como un ano que pasará á historia da Caixa Galicia grazas ao medre dos beneficios empresariais e da produtividade e ao medre do volume de negocio.

Os traballadores e traballadoras lembraremos o ano 2006 como uno dos peores da nosa historia: polo medre desmedido e xeneralizado da presión e o acoso laboral; polas horas extras non cobradas; polas fichaxes multimillonarias doutras entidades; polo medre das baixas por estres; e polo medre dos ceses e dimisións.

Xa neste ano 2007 a Dirección está poñendo en marcha un novo paquete de medidas que repercutirán aínda mais sobre o xa de por si deteriorado clima laboral, engordando a estrutura organizativa da entidade, sempre a costa dos traballadores e traballadoras da Rede Comercial e dos Servizos Centrais.

Ante a gravidade desta situación, e como chamada de atención, os delegados e delegadas de CIG e CCOO, sindicatos maioritarios na empresa, concentrarémonos o vindeiro día 20 de Xaneiro ás 10:30 da maña diante da Convención de Directores convocada pola Dirección no teatro Colon en A Coruña, á que vos convidamos a asistir e expresar colectivamente o malestar acumulado.

Ambos sindicatos continuaremos nesta liña de mobilizacións se os cambios introducidos non repercuten en favorecer o TRABALLO EN PAZ.

Sem comentários: