17.1.07

Mendez escoita a Caixa está en loita!

No Teatro Colón será a Convención
.
O vindeiro día 20 de Xaneiro a Dirección de Caixa Galicia ten convocado a "Convención Anual de Directores", un acto propagandístico que a empresa celebra anualmente para lucimento do Director Xeral Jose Luis Mendez, desta volta semella que non todo van a ser aplausos.

A prepotencia da Dirección de Caixa Galicia pode pasarlle factura. Durante o ano 2006 o Director Xeral non quixo escoitar as queixas do persoal e as demandas dos sindicatos, todo indica que o día 20 de Xaneiro, queira ou non queira, terá que escoitar obrigatoriamente a uns e outros.

Caixa Galicia ten convocado a mais de 1000 traballadores e traballadoras para participar na "Convención Anual de Directores", un acto no que tradicionalmente o Director Xeral aproveita para darse un baño de multitudes.

Ese día os traballadores e traballadoras chegados de todas as oficinas (renunciando "voluntariamente" ao merecido descanso do fin de semana), vense obrigados a escoitar e aplaudir os longos discursos do veterano Director Xeral eloxiando a súa propia xestión.

Todo parece indicar que este ano os desmanes cometidos pola Dirección o longo do 2006 poderían ter contestación na Convención Anual.

5 comentários:

Benny disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
Anónimo disse...

Mendez atende a Caixa non se vende!!

un/ha empregado/a preocupado/a. disse...

m ENDE z.....nos v ENDE s ?????????

como ENCE???????

Un que pasaba por eiqui dixo disse...

Aproveito para pedir un espazo de suxerencias neste Blogg.

Anónimo disse...

podes suxerir o que queiras, outra cousa é que che fagamos caso. jajaja