8.11.06

Novas denuncias ante a Inspección de Traballo

Un piquete contra as horas extras no sector financeiro

A CIG ven de denunciar ante as Inspeccións de Traballo a Caixa Galicia polo que consideramos un incumprimento do Regulamento de Presenza no Traballo e do Convenio Colectivo. Tal e como quedamos nas Asembleas de Traballadores e Traballadoras, imos esixir o cumprimento da xornada pactada por todos os medios ao noso alcance.

Dirección Comercial está convocando novamente reunións de Directores polo serán, polo tanto fora do horario pactado, contando coa presenza do Director Comercial o Sr. Rivero. Nalgún caso chegaron a solicitar que se xustifique a non asistencia, queremos lembrar que a asistencia non ó obrigatoria, xa que legalmente as horas extras son voluntarias.

A lei tamén obriga ao rexistro dos asistentes e das horas extras que se realizan, por suposto estas horas deben ser pagadas ou compensadas. A Caixa incumpre conscientemente a lexislación.

Non é a primeira vez que denunciamos este tipo de reunións polo serán nin será a última, pensamos que desta volta a Inspección de Traballo ten argumentos e información dabondo para actuar e obrigar a Caixa a cumprir a lexislación.

Para esixir hai que cumprir, non como fai a empresa.

3 comentários:

Anónimo disse...

e agora diran os "outros" que todo o que se consiga e a conta do seu sudor (dos collóns).

Anónimo disse...

La vida es como una leyenda: no importa que sea larga, sino que esté bien narrada. SÉNECA, Lucio Anneo

Anónimo disse...

Un piquete non esta completo se non estou eu no medio ¡¡¡¡¡¡fiesta!!!!!